MAC. Unha xanela á memoria documental da arquidiócesis compostelá
MAC. Miscelánea Arquivística Compostelá nace como un espazo para achegar os arquivos ao público, mostrando que os documentos non só gardan datos, senón historias, técnicas e maneiras de entender o mundo. Este primeiro número convida a descubrir a memoria escrita a través da tinta que fixo posible os textos e da lectura do territorio e das súas prácticas tradicionais. Dende o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, MAC propón mirar o pasado con curiosidade, espírito crítico e vontade de diálogo, entendendo o arquivo como unha institución viva ao servizo da sociedade.
- MAC. Unha xanela á memoria documental da arquidiócesis compostelá. Víctor M. Camino Giadáns. 31 de enero de 2026
- Receta de buena tinta. Una aproximación a la tinta Ferrogálica. José Ignacio García Fernández. 31 de enero de 2026
- Un sistema de caza con cordas complementario aos foxos de lobos. Damián Porto Rico. 31 de enero de 2026
