
“Y que yo me la llevé al río creyendo que era mozuela”: un caso de sexualidade non definida na diocese de Ourense no Antigo Réximen
Un singular expediente de nulidade matrimonial conservado no fondo do Provisorato de Santiago permite achegarse a un caso extraordinario ocorrido na diocese de Ourense a comezos do século XIX. A documentación recolle a historia dunha persoa cuxa identidade sexual foi sometida ao exame das autoridades eclesiásticas, constituíndo un valioso testemuño das concepcións sobre sexo, matrimonio e xustiza na Galicia do Antigo Réxime.
