Índice xeral de artigos

Un caso clínico de carbúnculo na Galicia rural do S. XIX

Autor: González Vázquez Helena · Data: 3 de junio de 2026 · Número: Número 2 (2026)

A partir dunha partida de defunción conservada no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, este artigo reconstrúe a historia de Juan García, veciño da parroquia de Fao (Touro), falecido en 1856 a consecuencia dun carbúnculo. O documento permite achegarse ás prácticas médicas, relixiosas e sociais da Galicia rural da época, reflectindo a actuación do párroco ante unha morte repentina e as crenzas arredor da enfermidade e da salvación da alma. O estudo contextualiza ademais esta doenza, hoxe coñecida como ántrax, relacionándoa cos avances científicos de Koch e Pasteur e co seu impacto no mundo rural galego ata ben entrado o século XX.

La Salvadera y sus arenas. La morralla de la historia escrita

Autor: García Fernández, José Ignacio · Data: 3 de junio de 2026 · Número: Número 2 (2026)

Las llamadas salvaderas eran recipientes utilizados para conservar la arena secante con la que, hasta el siglo XIX, se aceleraba el secado de las tintas manuscritas. Los restos de estas arenillas todavía aparecen en numerosos libros históricos custodiados por el Archivo, constituyendo una interesante huella de las antiguas técnicas de escritura y, al mismo tiempo, un desafío para su correcta conservación.

“Y que yo me la llevé al río creyendo que era mozuela”: un caso de sexualidade non definida na diocese de Ourense no Antigo Réximen

Autor: Porto Rico, Damián · Data: 3 de junio de 2026 · Número: Número 2 (2026)

Un singular expediente de nulidade matrimonial conservado no fondo do Provisorato de Santiago permite achegarse a un caso extraordinario ocorrido na diocese de Ourense a comezos do século XIX. A documentación recolle a historia dunha persoa cuxa identidade sexual foi sometida ao exame das autoridades eclesiásticas, constituíndo un valioso testemuño das concepcións sobre sexo, matrimonio e xustiza na Galicia do Antigo Réxime.

Un sistema de caza con cordas complementario aos foxos de lobos

Autor: Porto Rico, Damián · Data: 3 de enero de 2026 · Número: Número 1 (2026)

O autor describe unha técnica tradicional de caza con cordas e redes complementaria aos foxos de lobos, documentada nun texto excepcional do século XVIII. Unha achega á etnografía da caza e á organización comunitaria en Galicia.

Receta de buena tinta. Una aproximación a la tinta Ferrogálica

Autor: García Fernández, José Ignacio · Data: 3 de enero de 2026 · Número: Número 1 (2026)

Estudo dunha receita de tinta ferrogálica de 1792 e da súa importancia na historia da escrita e da conservación documental.

MAC. Unha xanela á memoria documental da arquidiócesis compostelá

Autor: Camino Giadáns, Víctor Manuel · Data: 3 de enero de 2026 · Número: Número 1 (2026)

MAC nace para dar voz aos documentos do AHDS e ampliar a narrativa histórica dende o arquivo. Un proxecto de difusión, diálogo e coñecemento para mellorar a lectura crítica do pasado e de nós mesmos.

Scroll al inicio